A IXP Pataca de Galicia informa da apertura do prazo para realizar a declaración de semente de pataca 2026, un trámite obrigatorio para todas aquelas persoas produtoras inscritas nos rexistros do Consello Regulador que desexen amparar a súa produción baixo este selo de calidade.
O prazo permanecerá aberto desde o 18 de maio ata o 17 de xullo de 2026, e inclúe as variedades autorizadas:
- Kennebec
- Agria
- Fina de Carballo
A declaración debe realizarse presencialmente na sede do Consello Regulador, situada en:
📍 Finca Devesa s/n – 32630 Xinzo de Limia (Ourense)
🕘 Horario de atención: de 9:00 h a 14:00 h
Documentación necesaria
As persoas produtoras deberán achegar:
- Fotocopia da factura de compra da semente certificada
- Mínimo unha etiqueta da semente por lote
- Número de polígono e número de parcela onde se realiza a sementeira
- Fotocopia do DNI
📞 Para calquera dúbida ou información adicional: 988 46 26 50
Ademais, aquelas persoas produtoras que aínda non estean inscritas nos rexistros do Consello Regulador poden aproveitar este período para tramitar a súa inscrición, solicitando cita previa nos teléfonos indicados.
A declaración anual de semente é un paso fundamental para garantir a trazabilidade, o control e a calidade da Pataca de Galicia certificada desde a súa orixe.







